Team Galicia vs Team Russia

José María Dorado, me envía esta nota de Xosé Galego, del Team Galicia en relación al esperado enfrentamiento con el equipo ruso.

Está en gallego, pero se entiende bien, y creo que perdería muchos matices si se tradujera al castellano.

O Team Galicia xogará o sábado contra o Team Russia.

16:00 – Bullet (2|1) ; 16:20 – Blitz (5|2)Inscripcións abertas 1 hr. antes do inicio, Sábado 30 de Maio.
Url para inscribirse no Team Galicia e poder xogar: https://www.chess.com/club/team-galicia/join/b8b1eb


De todos é ben sabido da tremenda rivalidade dende tempos inmemoriais entre o pobo ruso e o galego. Discusións tabernarias que non tiñan fin, dende os portos de Vigo a Coruña, cando atracaba un barco ruso e baixaban a tomar unha chiquita  logo dunha longa travesía, entre os parroquianos e os mariñeiros que chegaban do leste…

Que si o transiberiano ou o tren que te leva pola beira do miño, que si o vodka ou o licor café, que si a cadela Laika ou o can de palleiro, que si o Sputnik ou o camión Barreiros, que si o coro do exército ruso ou a Banda de Gaitas de Ourense, que si as matroskas ou o galo do tempo de Portugal, (é dos nosos veciños portugueses pero en toda casa galega había un), que si o caviar ou a nécora da ría, que si Iago Aspas ou Mostovoi…en fin, que vos vou contar que non saibades.

Ante tanta dúbida existencial que tiña eu, pregunteille un día ó meu tío político Severo que vive en Lampai, (unha aldea a 10 Km. de Compostela, un home sabio e reflexivo de palillo na boca, sobre todo dende que se xubilou, xa que agora ten tempo a retocar eses conceptos e saberes que a vida lle dou):

-Severo, e tí que dis do noso  lío ansestral cos rusos?

-Buenoooo, bueno carallo bueno!

Clara e concisa a resposta, non me quedarón dúbidas, excepto unha e así lla espetei:

– E lojo… quen xoga mellor o xadrez? Os rusos ou os galegos?

– Ai! Ahí xa non chejo!

Entón, por eso estamos aquí, temos que sabelo e imos botarlle unhas partidas os rusos para aclarar dúbidas. Este sábado as 16:00 imos comezar o duelo cun bullet de 2 min. + 1 seg. de incremento, para continuar logo cun blitz 5 min. + 2 seg. de incremento. Como saberedes xogamos en cada formato con brancas e con negras. A nosa experiencia contra os rusos foi un match na liga mundial do 2018, na que un 20 de Xaneiro  9 guerrilleiros tolos, caemos contra o combinado de xogadores rusos armados ata os dentes de mais de 2000 de rating todos, con Galicky como punta de lanza cos seus 1810 daquela. Choveu un pouco xa, e 9 xogadores galegos en partidas en vivo, xa era un exitazo para nos daquela.

Agora vai ser que pode que a cousa non sexa igual, os Bosnios e os Rumanos xa saben como as gastamos nestes tempos, e ós rusos habíalle chegar os oídos, (e pitarlle), e como o de perder en algo non vai con eles, son capaces de botarnos droja no colacao con tal de gañar.

Cando acordei o match comenteille o ruso que xuntaríamos 75 taboleiros polo menos, pero espero que sexamos mais, se nos poñemos, poderíamos pasar dos 100, e sería un fito histórico para nos.

Se xuntamos esa cifra ou a superamos, estou por dicir que lle gañamos, e eso non sería calqueira cousa, Galicia gañándolle a Rusia no xadrez, sería para enmarcar nun cadro, seríaaaa, non sei, o que cada un ou unha de vos queirades.

Tamén nos daría un cheque en blanco posiblemente para disputar a máxima categoría europea o ano que ven, polo menos para ter opcións a disputarlle a Kazajistan nun playoff o puesto, xa que queren metelos dereitos arriba cando son uns recén chegados, polo elevado número de tableiros que son que  a conquerir, un pouco por encima de 100. A ver do que somos capaces nos!

Bueno, decir mais podíase decir, pero non creo que faga falta, xogar contra a gran escadra rusa xa mola de carallo, pero empurrar ó oso coa nosa vaca, como dí en ruso o texto da foto do susodicho animal plantígrado, (non empurrar ó oso), sería criminal. 

Este é un dos momentos de estar para contarlle as netas e netos:

-Mecajuendiola, aínda me acordo cando tumbamos ós rusos naqueles aparatos que te conectabas onlain, si, naquel ano do coronavirus…que non tíñamos moito que facer…

Bueno chaval@s, o sábado e o noso día, bala 2/1 as 16.00 e o blitz 5/2 as 16:20, QUE NON FALTE NINGUÉN!

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s